Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B13 B15 C3 C6 C7 C11 A memoria do traballo constará de: obxectivo, introdución, descripción do proceso, impactos ambientais e sociais, conclusións e bibliografía. Terá unha extensión orientativa de 20 páxinas, e se entregará en formato pdf. a través do Campus Virtual.
30
Presentación oral B4 B15 C7 C11 Cada grupo terá que preparar unha exposición de 15 min para presentar o seu traballo ao resto da clase. 5
Solución de problemas A4 B2 B7 C5 Proporanse algúns exercicios dos boletíns para a súa entrega e avaliación. 20
Proba obxectiva A4 B3 B6 Para superar a materia haberá que acadar un mínimo de 4 sobre 10 na proba obxectiva. 45
 
Observacións avaliación
O alumnado con dispensa académica poderá realizar o traballo individualmente.
Na segunda oportunidade manteránse as cualificacións obtidas na avaliación continua (exercicios, traballo e exposición).
Os criterios de avaliación na convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que na segunda oportunidade do curso anterior.