Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | QUÍMICA | Código | 730G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 B1 B2 B5 | A metade do cuadrimestre realizarase un exame parcial eliminatorio da materia impartida ata ese momento (teoría e problemas). Ao final do cuadrimestre realizarase un exame final de toda a asignatura (os alumnos que superasen o devandito parcial non terán que repetilo no exame final). |
70 |
Solución de problemas | A4 B2 B4 B5 | Resolución de boletíns de problemas numéricos, incluíndo así mesmo a resolución de boletíns de exercicios de teoría en sesións específicas. Valórase a asistencia do estudante, a súa participación activa na aula, o seu interese e actitude. | 10 |
Traballos tutelados | A4 B6 B7 C1 | Elaboración e presentación en grupo dun traballo tutelado ou dirixido. Valórase, ademais da presentación, o traballo realizado polos estudantes en formato Word e as transparencias elaboradas para a súa exposición na aula en formato PowerPoint. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A4 B3 C5 | Realización, participación activa nas prácticas, entrega do informe final correspondente e exame das prácticas. Valórase o interese e actitude do estudante e o exame das prácticas. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Este apartado indica o que se puntúa en cada metodoloxía. A proba obxetiva describe como é o exame e a puntuación de cada unha das partes de teoría e de problemas. A nota mínima en cada parte do exame (teoría ou problemas no parcial e no final, ou na segunda parte da asignatura) para que se poidan ter en conta as puntuacións das prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados ha de ser de 3,0 sobre 7,0. Para obter aprobado na asignatura hase de cumprir que a suma das notas da proba obxectiva, prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados sexa polo menos 5,0. Ningún dos temas teóricos nin dos problemas propostos no exame parcial poderán deixarse en branco, debendo ser recuperados no exame final con independencia da nota obtida. Os estudantes que non aproben as prácticas de laboratorio non poderán examinarse da asignatura nas convocatorias de xaneiro e/ou de xuño. Asimesmo, os/as alumnos/as que faltaren a algunha práctica e presentaren xustificación documental da súa inasistencia, terán que facer un exame da/das práctica/as pendente/es na última semana do primeiro cuadrimestre ou na sesión do exame de primeira oportunidade. Ao estudante que supere a primeira parte da materia (Química Inorgánica e Analítica) no exame parcial ou na convocatoria de xaneiro ou, ben, que supere a segunda parte da materia (Química Industrial e Orgánica) na convocatoria de xaneiro, gardaráselle a nota da parte aprobada durante o curso académico correspondente. En caso de repetir a materia deberá examinarse novamente das dúas partes. O estudante que faltase a algunha práctica de laboratorio ou que non superase o exame de recuperación da práctica, en caso de repetir a materia debe volver realizar todas de novo. A evaluación da segunda oportunidade é a mesma que a evaluación da primeira oportunidade. Teranse en conta, na medida do posible, as circunstancias dos alumnos repetidores. Convocatoria adiantada (decembro): avaliarase igual que o resto das convocatorias, agás que non se computará a actividade "solución de problemas". A proba obxectiva valorarase con 8,0 puntos e terá que engadir a nota das outras actividades (prácticas de laboratorio e traballo supervisado) a unha nota mínima de 3,5 puntos na devandita proba. Implicacións do plaxio: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |