Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada co uso dos medios audiovisuais necesarios.
Prácticas a través de TIC Prácticas con soporte informático, aplicadas a ciencias da saúde
Proba obxectiva Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Traballos tutelados Elaboración de exercicios para promover o aprendizaxe da materia.