Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual B3 B4 B8 B16 C3 C11 Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade.

É obligatoria, a participación no foros supón o 10% (1 punto) da nota final.
10
Obradoiro A59 B2 B5 B7 B15 B16 C10 C12 Valórase a participación nos obradoiros, as habilidades e conductas mostradas como resposta as accións de mellora e a adquisición de novas habilidades a través da práctica dramatizada ou role playing a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente.

É obrigatoria e supón o 20% (2 puntos) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
20
Proba obxectiva A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 Exame tipo test, cunha única resposta correcta.

É obrigatoria e supón un 40% (4 puntos) da nota total.

As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº de errosx0.5).

Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
40
Recensión bilbiográfica B3 B8 B16 C6 C7 C11 A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos.

É obrigatoria e supón o 30% (3 puntos) da nota final.

Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partesrecensión bibliográfica (30%), obradoiro (20%), foro virtual (10%) y proba obxetiva (40%).

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 

O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen as actividades programadas coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. 

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.