A asignatura de Enfermaría Clínica III pertence ó Grao en Enfermaría, desenrolándose no terceiro curso, con carácter anual. Ten asignados 9 créditos, o que supón 225 horas de carga lectiva para o alumno. Os principais temas ou núcleos de coñecemento abarcan alteracións neurolóxicas, cardiolóxicas, inmunolóxicas, hematolóxicas, dos sentidos (oftalmolóxicas, autitivas), da pel, e a atención a doentes en estado crítico, partindo dunha base anatómica e fisiolóxica. O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as principais alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptóndoos ó ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas
Plan de continxencia
A docencia será presencial. No caso de que algún alumno se encontre confinado por COVID, terá que conectarse de forma síncrona a través da plataforma TEAMS á clase presencial e remitir os traballos propostos a través da plataforma moodle. Se se encontra afectado as entregas pospondranse ata a súa incoporación. O mesmo no caso dos seminarios prácticos.
Si en algún momento alguno de los grupos se encuentra confinado se seguirá la misma metodología (seguimiento por teams y pospuestos los seminarios)
1. Modificacións nos contidos:ninguna
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
A través de MOODLE: para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
A través de TEAMS: para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite
4. Modificacións na avaliación:
Resposta múltiple e probas: Non se modifica, será presencial axudada coa aplicacion TEAMS a hora marcada.
*Observacións de avaliación:
• No caso de que algún alumno se encontre confinado por covid ou contacto estreito o día marcado para a evaluación presencial e tras remitir os informes que o avalen, acordarase unha data de evaluación entre o docente e o alumno unha vez finalizado o aillamento.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ninguna
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías