Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Bioloxía/750G01002
Coidados Básicos en Enfermaría/750G01006
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008
Métodos e ferramentas avanzadas en investigación cualitativa/750G01023
Fisioloxía/750G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Farmacoloxía/750G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016

Materias que continúan o temario
Enfermaría Clínica II/750G01035

Observacións

ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDADE Á SITAUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA: 

Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos preasignados, con mascarilla, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumplan as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https://udc.es/es/fep/coronavirus/. No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os/as estudantes que non quepan na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á siguiente de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, según planificación establecida polo docente da materia.

OBXECTIVOS DE DESENROLO SOSTIBLE:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN:

  • Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
PLAXIO: 
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtenido a través de internet, sen indicación expresa do seu orixe e, se é o caso, o permiso do autor/a, será calificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen perxuizo das responsabilidades disciplinarias ás que poidera haber lugar tras o correspondente procedimiento.