Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B5 B7 B9 B18 C1 C2 C4 C7 A proba de estudos de casos consistirá na análise de datos de dous supostos clínicos e de respostar as preguntas plantexadas sobre os mesmos.
Será necesario obter al menos 15 puntos para superar a materia
30
Proba mixta A19 B3 C3 Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
A distribución de dous bloques ben diferenciados na materia, obriga a que o alumno supere ambas partes para superar a materia
70
 
Observacións avaliación

  1. A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba da materia, estudo de casos e Proba mixta
  2. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  3. Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita idéntica  á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final.