Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica).
Unha semana antes do exame facilitaráselle ao alumnado a puntuación das preguntas.
100
 
Observacións avaliación

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9,5 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.