Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A24 A26 A27 A29 B1 B3 B16 B19 C1 C3 C6 Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba test será necesario obter o 60% de repostas correctas do test.
Cada 3 preguntas falsas restan unha pregunta correcta.
100
 
Observacións avaliación

Para superar a materia: é necesario ter realizadas e superar a totalidade
das prácticas de laboratorio así como superar a proba mixta (onde será
necesario alcanzar un resultado igual ou superior ao 60% de respostas correctas
do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a
materia será necesario obter unha nota media total igual ou superior ao 50%
(nota numérica de de 5 sobre 10) da cualificación total da materia. Ç

No caso de non superar a proba mixta
(resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test), non
se poderán considerar superada a materia aínda que se teñan superadas as
prácticas de laboratorio.

 No caso de non ter cursadas as prácticas en
cursos anteriores o alumnado terá que incorporarse ás prácticas da materia do
novo plan de estudos. Neste caso as prácticas supoñerán o 20% da nota da
materia e a proba mixta o 80% desta nota total da materia.

 Para que as actividades propostas de cada
metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades
propostas en tempo e forma (memoria de práctica 4 días despois de finalizada as
prácticas).

 Os coñecementos para avaliar inclúen os
contidos tratados nas clases maxistrais, nos seminarios, nas prácticas de
laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as
diapositivas que a profesora entrega ao alumnado e que está colgado nas
plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademais os contidos da
bibliografía recomendada. Aconsellarase ao alumnado completar toda a
información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información
para a materia.

 No caso de non presentarse ou non superar a
proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións
das prácticas gardarase, e esta cualificación computarán na segunda
oportunidade. sempre que nesta segunda oportunidade supérese a proba mixta.

Matrícula de honra. As condicións para a obtención dunha matrícula de
honra son que o alumno obteña unha nota igual ou superior a 9,5 da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na
oportunidade avaliada e a súa evolución curricular fose significativa a mellor.

Non presentado. O alumnado que non realice o 100% das prácticas de
laboratorio, será avaliado como “Non Presentado”, independentemente da súa
participación noutras actividades incluída a proba mixta, así mesmo, o alumno
que non realice a proba mixta será avaliado como "Non Presentado".

 2ª Oportunidade: Ao alumnado que se presente a 2ª oportunidade,
previa realización e superación das prácticas de laboratorio, aplicásenselle os
mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. Para que estas
porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta
alcanzando unha puntuación do 60% das respostas correctas do exame test.

 O
alumnado que non realizou e superou as prácticas de laboratorio, para superar a
materia terá que realizar obrigatoriamente e superar estas prácticas no
seguinte curso académico, ademais de ter que facer e superar a proba mixta.

Convocatorias de segunda e posteriores
matrículas
: Para aqueles alumnos/as que cursen a
materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa
cualificación de apto, gardarase esta nota, e neste caso terá que facer a proba
mixta, unha vez superada computará co resto das cualificación. Para superar a
materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a
proba mixta.

 Alumnado
con matrícula parcial e dispensa académica
: O alumnado con matrícula
parcial ou dispensa debe comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da
materia ao comezo do curso. Para este alumnado e o resto de alumnos é
obrigatorio asistir ao 100% da realización das prácticas de laboratorio. Para
que poida ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas
para cada metodoloxía en tempo e forma. O alumno ademais terá que realizar e
superar a proba mixta. A proba mixta supón o 80% da nota da materia e as
prácticas o 20%. Para superar a materia terá que alcanzar o 50% da nota da
total da materia (5 puntos sobre 10). Convocatorias da oportunidade
adiantada de avaliación
: Aqueles alumnos/ as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e
teñan superadas as prácticas, poderán presentarse á proba mixta. Neste caso os
criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto dos alumnos.

Plaxio:
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material
non orixinal, incluído aquel que se obtén a través de internet, sen indicación
expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado
con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o correspondente procedemento