Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Coa entrada en vigor do novo plan de estudos, o alumnado matriculado na materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) só terá dereito a ser avaliado.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos tanto en castelán como en inglés para apoiar os contidos do temario.
Prácticas de laboratorio Coa entrada en vigor do novo plan de estudos, o alumnado matriculado na materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) só terá dereito a ser avaliado.

AVISO: No caso de non ter realizado nunca as prácticas de laboratorio da materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) , o alumnado matriculado deberá superar unha proba teórico-práctica.
Seminario Coa entrada en vigor do novo plan de estudos, o alumnado matriculado na materia Cirurxía Podolóxica 2 pertencente ao plan 2009 (750G02030) só terá dereito a ser avaliado.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos tanto en castelán como en inglés para apoiar os contidos do temario.
Traballos tutelados Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse con suficiente antelación e publicaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade e capacidade para explicar adecuadamente o tema tratado.
Esta metodoloxía ten por obxecto valorar a capacidade de creatividade e de traballo en grupo do alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o Traballo tutelado.
A non realización ou non participación na elaboración do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos mesmos.
Proba obxectiva Realizarase unha Proba obxectiva final individual de forma presencial que constará de 60 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas e detallaranse as pautas para a súa realización.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superala.