Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A68 B25 B29 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
80
Traballos tutelados A68 B26 B27 B29 B35 B39 C9 C11 C12 Os alumnos realizarán exercicios relacionados coas clases maxistrais e presentación orais relacionadas con algún tema da materia. Isto, xunto coa realización de seminarios, suporá o 20% da cualificación final. 20
 
Observacións avaliación

Sistemas de
avaliación: Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o
temario da materia (80% da nota final) e traballos tutelados (20%).
Oportunidade adiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

A proba mixta
pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ou unha
combinación de varias:

Preguntas de ensaio: preguntas abertas de
desenvolvemento.

preguntas de resposta múltiple (puidendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas)

preguntas de ordenación

preguntas de resposta breve

preguntas de discriminación

preguntas de completar

preguntas de asociación.

 

É
indispensable aprobar a proba mixta para superar a materia, é dicir, débese de
obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Se non se supera o exame
final (proba mixta) non se sumará a nota correspondente aos traballos
tutelados, e a cualificación da materia será a obtida no exame final.

Segundas matrículas e posteriores. Aquelas persoas que suspendan a materia, en posteriores matrículas deberán realizar a materia completa, é dicir non se "garda" ningunha das cualificacións obtidas para cursos vindeiros.

Matrícula
parcial: los estudiantes con matrícula parcial avaliaranse de maneira
individualizada tendo en conta cada caso. Recoméndase ao alumnado contactar o
máis rapidamente posible co profesorado.

Non presentado:
Considerarase "non presentado" a calquera alumna ou alumno que non se
presente a algunha das probas mixtas.

Matrícula de
honra: Outorgarase ao alumnado que, obtendo cualificación de sobresaínte,
teña as puntuacións máis elevadas.

 Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Se durante a realización dun exame algún/a estudante copia, isto implicará a obtención dun suspenso (0,0) na materia na convocatoria correspondente.

Sistemas de
cualificación: Numérico dende o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o
aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente,
9-10 Matrícula de Honra (Graciable).