O alumno deberá coñecer a anatomía humana e o estudo dos diferentes órganos, aparellos e sistemas. Esplacnoloxía vascular e nerviosa. Eixos e planos corporales. Así como o desenvolvemento embriolóxico nas distintas etapas da formación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados e caderno de prácticas (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As ferramentas xerais serán Moodle e Teams.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
No caso de confinamento dun/ha alumno/a poderá participar de maneira non presencial. Dada a limitación temporal do confinamento poderase manter a actividade non presencialmente e as avaliacións pospondranse dentro do periodo lectivo. Procederase do mesmo xeito no caso dos grupos.
A actividade presencial manterase para aqueles casos nos que non haxa medidas especiais.
4. Modificacións na avaliación se non fora posible a presencialidade (seguindo as indicacións das autoridades sanitarias)
Proba obxectiva de identificación de estruturas en tes imaxes anatómicas (40%)
Traballos tutelados e caderno de prácticas (60%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80% (pre4sencial ou virtual, segundo caso):
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de grupo pequeno (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán dado que se disporá da información necesaria no campus virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías