Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 A avaliación dos seminarios realizarase en función da presencialidade e da participación de cada alumno/a nas actividades realizadas nos mesmos. 8
Proba mixta A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba será necesario obter o 60% de respostas correctas do test. Cada 3 respostas incorrectas da próba test, restan 1 resposta correcta.

Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles.
60
Traballos tutelados A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 Os traballos faranse seguindo as directices propocionadas pola profesora. Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado.
Cada grupo de alumns realizará unha presentación e exposición do seu traballo. A asistencia e presentación dos traballos e obligatoria.Os traballos, a súa presentación e defensa serán avaliados mediante rúbrica polo resto de grupos e a profesora. A profesora proporcionará ao alumnado a rúbrica de avaliación. O alumnado fará unha acta de traballo, nela contemplarase a participación do alumnado, a asignación de tarefas, desenvolvemento, planificación dos traballos tutelados e cronograma de reunións de traballo.
E obligatorio asistir a presentación e defensa do traballo.
15
Prácticas de laboratorio A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas e acta. 17
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é  necesario realizar e superar a totalidade das prácticas de laboratorio así como  superar a proba mixta (nota que supón o  60 % da nota total da materia onde será preciso acadar un resultado igual ou superior ó 60% de respotas correctas do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a materia será necesario obtener unha nota media total igual ou superior ó 50% (nota numérica de  de 5 sobre 10) da cualificación total da materia, nota  que incluirá a avaliación das metodoloxias  da  proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. 

No  caso de non superar a proba mixta (resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test, sobre o 60% da nota global da materia), non se poderán sumar a esta nota, a nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas  (prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados), mentres non se supere esta proba mixta. A nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas supón o 40% da nota total da cualificación da materia, polo tanto a materia non se pode considerar superada. 

Para que as actividades propostas de cada metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades propostas en tempo e forma.

Os coñecementos a avaliar incluen os contidos tratados nas clases maxistrales, nos seminarios, nas prácticas de laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as diapositivas que a profesora entrega o alumnado  e que está colgado nas plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademáis os contidos da bibliografía recomendada. Aconsellase o alumnado completar toda a información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información para a materia. 

No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións das prácticas, seminarios e traballos tutelados (que supoñen o 40% da nota total da materia), gardarase, e esta cualificación computarán na segunda oportunidade, sempre que nesta segunda oportunidade  se supere  a proba mixta (que supon o 60% da nota total da materia, onde será preciso acadar un resultado igual ou superior o 60% de respostas correctas do test).     

Matricula
de honra. 
As
condicións para a obtención dunha matricula de honra son: que o alumno obteña unha
nota igual ou superior a 9,5  da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade
avaliada e a súa evolución curricular fose significativa.

Non
presentado
. O  alumnado que non realice o 100% das prácticas de laboratorio, será avaliado  como “Non Presentado”, independientemente da
sua participación noutras actividades incluindo a proba mixta.

2ª Oprtunidade: O alumnado que se presente a 2ª oportunidade, previa realización e superación das prácticas de laboratorio, e outras actividades (seminarios, traballos tutelados), aplicaraselle os mesmos criterios e porcentaxes  que na primeira oportunidade. Para que estas porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta acadando unha puntuación do 60% das respostas correctas  do examen test. 

 O alumnado que  non realizou e superou as prácticas de
laboratorio, para superar a materia  terá que realizar obligatoriamente e
superar estas prácticas no seguinte curso académico,
tendo en conta que
pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só as partes que non
realizou e as que non superou con apto, ademáis de ter que facer a proba mixta. 

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, e o resto de actividades, gardaraselle as notas das partes superadas, e neste caso terá que facer a proba mixta, unha vez superada computará co resto de das cualificacións superadas.  Para superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a proba mixta.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta  que na sua condición  a presencialidade  e participación  nas diferentes actividades da materia e opcional,  non obstante a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma, previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode  acollerse a modalidade de avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e  traballo tutelado o 10%. 

Dispensa académica: No caso do alumnado con condición de dispensa a asistencia ós seminarios sustituiranse pola realización de un traballo sobre un tema relacionado coa materia de Quiropodoloxía I, acordado e planificado coa profesora ó inicio do curso. Para este alumnado,  igual que todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. As porcentaxes aplicadas na avaliación serán as seguintes: A proba mixta computará o 75%, a realización das prácticas de laboratorio un 15% e o traballo tutelado o 10%. Para poder ser avaliadas o alumnado terá  que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e teñan superadas as prácticas, poderán presentarse a proba mixta. Neste caso os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto de alumnos. 

Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con un suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuizo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.