A presente materia constitúe unha aproximación avanzada ao estudo do cromosoma eucariota coma un sistema estrutural e dinámico responsable do empaquetamento, transmisión, mantemento e regulación da función do ADN en diferentes contextos celulares. Os contidos pretenden completar os coñecementos previos adquiridos polos alumnos en materias relacionadas coa Xenética e a Bioloxía Molecular.
Plan de continxencia
Adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, nun escenario de non presencialidade por un novo abrocho da pandemia, ou en caso de que por problemas de espazo nas aulas non se poda garantir o 100% da presencialidade para a docencia expositiva:
1.- No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma Teams UDC. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio ou da aula de informática.
2.- Modificacións nos contidos.
Non se realizarán cambios
3.- Metodoloxías
As clases e demáis actividades que non se poidan desenvolver na aula, debido ás previsibles medidas de distanciamento social, desenvolveranse telemáticamente a través da plataforma Teams UDC, para o que se creará un equipo específico da materia. Suspenderanse as visitas a laboratorios externos, integradas nas prácticas da materia.
4.- Atención personalizada ao alumnado
As titorías desenvolveranse por e-mail e Teams.
5. Modificacións na avaliación
Se fose necesario, todas as probas serán telemáticas, a través de Teams e Moodle, coas cámaras web activadas.
6. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías