Técnicas Avanzadas de Caracterización de Materiais
Código
610509121
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Química
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia inclúe unha descrición dos fundamentos e das principais aplicacións de varias técnicas de caracterización moi usadas na Ciencia de Materiais e que non foron tratadas previamente na materia obligatoria “Técnicas de Caracterización de Materiais e Biointerfases” (módulo M1). Estes contidos son importantes para completar a formación neste módulo M5 –Nanoquímica e Novos Materiais– e ter unha visión máis completa das técnicas de caracterización de materiais y nanomateriais.
Esta materia é clave no dito módulo para comprender a relación entre as estratexias de síntese de materiais e a súa adecuada caracterización, coas súas propiedades e aplicacións, e polo tanto o seu adecuado deseño e optimización.
Para cursala é recomendable ter ben asentados coñecementos básicos e avanzados de Química, e en particular en Química do Estado Sólido.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. Pero no caso de ser necesario e por causas de forza maior, poderase optar por unha presentación máis xeral dos mesmos, pero en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías manteríanse pero pasarán a realizarse en “Modalidade on-line” e dicir empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a Institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as clases en tempo real, utilizaranse medios asíncrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titorías máis personalizadas...).
*Metodoloxías docentes que se modifican
En principio as metodoloxías docentes mantéñense na súa totalidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo.
4. Modificacións na avaliación
Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia non presencial sen dificultade avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial.
O alumnado que non poda seguir as actividades on-line sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizaran cambios na bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías