Introduce ao alumno na Química Analítica aplicando os equilibrios químicos á análise cualitativa e cuantitativa, asentando as bases da discipliña para os vindeiros cursos académicos. Polo tanto desempeña un papel básico no conxunto do Grao.
Plan de continxencia
A. Adaptación no caso de non presencialidade sobrevida por gromos da pandemia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse tódalas metodoloxías docentes, pero pasando a modalidade non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
En modalidade non presencial manteranse as metodoloxías na franxa horaria que teñen asignada na materia, mediante o emprego de Teams ou outra ferramenta similar. No caso concreto das prácticas de laboratorio, se substituirán por prácticas virtuais baseadas nas prácticas de docencia presencial, presentando exemplos reais e incidindo nos cálculos numéricos e na valoración cuali- e cuantitativa dos resultados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías a través de foros do Campus Virtual, correo electrónico e/ou Teams, empregando o mecanismo máis axeitado en función das necesidades e/ou recursos do alumno.
O alumnado poderá realizar consultas ou plantexar dúbidas a través do foro ou correo electrónico, cando así o precise. As profesoras manterán comunicación diaria e rexistro das titorías cos alumnos.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios na avaliación respecto á guía docente publicada. A única modificación será a substitución da avaliación presencial polo mesmo tipo de avaliación adaptada a modo non presencial on-line
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Manterase a bibliografía recomendada na guía docente publicada. Ademáis un dos dous libros recomendados atópase dispoñible na web da biblioteca da UDC.
B. Adaptación prevista para os casos nos que se supere o aforo da aula
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías