Aprendizaxe dos fundamentos básicos, problemas, ventaxas e xestión dalgunhas técnicas analíticas instrumentais. Específicamente, abordaranse: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases e de líquidos), electroforesis capilar, análises enzimática e inmunoquímica.
Aprendizaje de los fundamentos básicos, problemas, ventajas y gestión de algunas técnicas analíticas instrumentales. Específicamente, se abordarán: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases y de líquidos), electroforesis capilar, análisis enzimático e inmunoquímico.
The basics, advantages and typical limitations, as well as normal working protocols on several analytical techniques are to be presented. In particular: electroanalytical, chromatographic (gases and liquids), capillary electrophoresis, and enzymatic and immunologic analyes.
Plan de continxencia
Situación I: adaptación por non presencialidade sobrevida por gromos da COVID-19.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral
-Seminarios
-Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio. Serán substituídas por prácticas virtuais baseadas nas prácticas de docencia presencial, presentando exemplos reais e incidindo nos cálculos numéricos e na valoración cuali- e cuantitativa dos resultados.
-Traballos en grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Os estudantes poderán facer consultas ou titorías individuais a través do correo electrónico sempre que o precisen.
Campus virtual. En cada sesión maxistral, seminario e prácticas virtuais animase aos estudantes a consultar dúbidas a través do foro.
4. Modificacións na avaliación
Prácticas virtuais (35%). Serán avaliadas a través dos informes que deben entregar os alumnos no Moodle (ferramenta denominada tarefa) nos que se responderán ás cuestións relacionadas coas actividades indicadas e cálculos propostos.
Traballos en grupo (20%). Auto-avaliación continua supervisada de traballos en grupo sobre os coñecementos teóricos.
Proba mixta (45%). Realizarase unha proba para avaliar os coñecementos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cales avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios.
*Observacións de avaliación:
Tódalas recollidas no apartado de observacións da guía docente. Con respecto ás novas metodoloxías, a cualificación destas acadada na primeira oportunidade conservarase na segunda oportunidade de xullo. No caso de non telas superadas, os alumnos terán a oportunidade de mellorar a cualificación asociada con preguntas relacionadas na segunda oportunidade (proba obxectiva).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Na biblioteca da UDC tense acceso a unha parte de bibliografía recomendada mediante os recursos electrónicos. Ademais, na plataforma Moodle iranse colocando documentos de apoio para o estudo e realización dos traballos.
Situación II: adaptación prevista no centro cando se supere o aforo da aula asignada para a materia.
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías