Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A1 B7 C1 C3 C4 Na sesión de exposición oral avaliarase as competencias dos alumnos na expresión oral, na capacidade de sintese. Así mesmo, avaliarase a capacidade de discusión e defensa do traballo tutelado presentado por escrito. 10
Traballos tutelados A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliaranse a claridade de contidos, a capacidade de discusión de resultados e a redacción da memoria. Avaliarase así mesmo todo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos prazos fixados no seu momento. 70
Seminario A11 A15 B2 B4 B7 Durante os seminarios profundizaráse nos aspectos teóricos mediante a resolución de exercicios que serán entregados previamente ó alumno. Á finalización de cada parte diferenciada da materia realizaráse unha proba, na que os alumnos terán que resolver e entregar problemas que se lles presentarán ó inicio da sesión de seminario. 20
 
Observacións avaliación

Para supera-la materia será preciso ter elaborado, entregado e aprobado cunha cualificaciñon mínima de 5 o traballo tutelado, no prazo establecido polo profesor. As cualificacións obtidas nas sesións de seminario sumaranse á esta cualificación.

Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en ningunha das actividades avaliables programadas. 

Na segunda oportunidade, os alumnos que non superan a cualificación mínima de 5 no traballo tutelado poderán enmenda-lo para chegar a dita cualificación. A nota final será a suma da obtida no traballo tutelado nesta segunda oportunidade e as cualificacións obtidas nos seminarios durante o curso.

Nesta segunda oportunidade os alumnos só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tiveran cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. 

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comezar cun novo curso , incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos seminarios se substituirá pola obtida nas titorías personalizas.