Unha parte moi importante do traballo que se fai nun laboratorio consiste na realización de medidas, análise dos resultados obtidos e utilización de novas condicións experimentais en función dos mesmos. En moitas ocasións estas operacións pódense realizar de forma automática mediante un PC sen a necesidade de estar presente durante o proceso, utilizando os equipos dispoñibles no laboratorio. Nesta asignatura ensinaranse distintas estratexias para poder realizar este tipo de control automático que facilita o traballo diario dun laboratorio.
Plan de continxencia
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
NO CASO DE PASAR A DOCENCIA NON PRESENCIAL:
1. Modificacións nos contidos
- Non haberá cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas a través de TIC (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesións maxistrais, prácticas de laboratorio e proba mixta pasarán a modalidade online
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais e para resolver dúbidas.
– Campus Virtual: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado.
– Teams: Sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, no horario fixado no calendario de clases, e prácticas de laboratorio online facendo uso de simuladores de equipamento de laboratorio.
4. Modificacións na avaliación
- Non hay variacións
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran nesta guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Disporán de todos os materiais de traballo dixitalizados no Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías