Esta materia céntrase nas bases conceptuais e metodolóxicas necesarias para comprender a organización, expresión, variación e manipulación do material xenético. Achega unha perspectiva molecular aos coñecementos adquiridos en "Xenética" (obrigatoria de 2º curso) e coñecementos necesarios para abordar "Xenética de Poboacións e Evolución", "Citoxenética" e outras materias relacionadas de terceiro e cuarto curso.
Plan de continxencia
ADAPTACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO NO CASO DUN ESCENARIO DE NON PRESENCIALIDADE DEBIDO A PANDEMIA
1. Modificacións nos contidos:
Non se modifican.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantéñense todas as metodoloxías planificadas.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As actividades docentes que conlevan presencialidade levaránse a cabo utilizando medios de comunicación síncronos (Teams). No caso de prácticas de laboratorio proporcionaranse materiais e exercicios prácticos que os estudantes poidan resolver de forma autónoma con apoio de titorías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Utilizaranse medios de comunicación síncronos (Teams) e asíncronos (correo electrónico e Campus Virtual).
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñenese os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación.
*Observacións de avaliación:
As probas de avaliación levaranse a cabo a través do Campus Virtual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Proporcionaranse recursos electrónicos de libre acceso.
ADAPTACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO NO CASO QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA ASIGNADA PARA A MATERIA:
O Centro asignará dúas ou máis aulas á materia e a clase impartirase a través de Teams para o alumnado que non estea na aula co profesor. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías