Curso de introdución á Xenética de Poboacións e a Evolución, no que se presentan e discuten as distintas forzas que actúan sobre as frecuencias xénicas nas poboacións, as relacións entre xenotipos e ambientes que dan forma aos fenotipos, e os patróns de evolución das poboacións e especies.
Plan de continxencia
Adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, nun escenario de non presencialidade por un novo abrocho da pandemia, ou no caso de que por problemas de espazo nas aulas non se poda garantir o 100% da presencialidade para a docencia expositiva:
1.- No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio ou da aula de informática.
2.- Modificacións nos contidos.
Non se realizarán cambios
3.- Metodoloxías
As clases e demáis actividades que non se poidan desenvolver na aula, debido ás previsibles medidas de distanciamento social, desenvolveranse telemáticamente a través da plataforma Teams UDC, para o que se creará un equipo específico da materia. Suspenderanse as visitas a laboratorios externos, integradas nas prácticas da materia.
4.- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: por e-mail ou Teams para facer seguimento dos traballos.
5. Modificacións na avaliación:
Se fose necesario, todas as probas serían telemáticas, a través de Teams e Moodle, coas cámaras web activadas.
6. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías