Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Botánica sistemática: Criptogamia | Código | 610G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 | Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 | 10 |
Sesión maxistral | A1 A2 B1 B3 B8 B9 | Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 | 40 |
Prácticas de laboratorio | A9 B1 B7 B8 | Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 | 20 |
Estudo de casos | A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 | Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 | 20 |
Saídas de campo | A2 A20 A22 A27 A32 | Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 | 10 |
Observacións avaliación | |||
A/O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE A/O ESTUDANTE ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE DEDICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 51 HORAS PRESENCIAIS (PRESENCIALIDADE FÍSICA OU TELEMÁTICA) E CASE 100 HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARAO EXAME DE TEORÍA. Para obter a cualificación de "non presentado" a/o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliablesprogramadas. Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso terparticipado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente a/o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. A nota global do curso non deberá ser inferior a 5. A REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN, UNHA VEZ COMPROBADA, IMPLICARÁ DIRECTAMENTE A CUALIFICACIÓN DE SUSPENSO "0" NA MATERIA NA OPORTUNIDADE CORRESPONDENTE. Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), a/o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. A/O estudante que suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente, no caso de que a/o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación. No caso de estudantes con dispensa académica ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación continua e obrigatorias para que a/o estudante poida optar a superar a materia. A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 21/22 as seguintes datas importantes : Prácticas de laboratorio: do 20 de setembro ao 13 de outubro de2021. Saídas de campo: 08 de outubro de 2021. Portas abertas no laboratorio: 3, 5, 9, 10 e 19 de novembro de 2021 (podería haber cambios menores que serán comunicados). Entrega do informe (en pdf) da saída de campo (data límite): venres 22 de outubro de 2021. Entrega dos casos prácticos -en pdf- (e realización de exame de herbario): mércores 15 de decembro de 2021. |