A materia ten como obxectivo formar ao alumno de forma que poida comprender os conceptos fundamentais do Comportamento animal, así como a súa evolución a través da acción da selección natural. A materia estructurarase ó redor das catro areas definidas por Tinbergen: causación, ontoxenia, función e evolución.
Abórdase específicamente a selección de hábitat, as migracións e territorialidade, a explotación de recursos e o comportamento alimentario, a selección sexual, reproducción e sistemas de apareamento e coidado parental, a comunicación animal e o comportamento social. Asemade, preténdese introducir ao alumno nos métodos de investigación en Etoloxía.
As actividades de Aprendizaxe-Servizo favorecerán a integración de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia da materia.
Plan de continxencia
1. No caso de NON PRESENCIALIDADE sobrevida por gromos de COVID19: 1.1 Modificacións nos contidos - Non hai 1.2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas. As metodoloxías serán adaptadas convenientemente de ser preciso mediante o uso de ferramentas TIC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Ningunha. 1.3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado poderá contactar co profesorado no horario de traballo a traveso das vías habituais que se veñen empregando: correo electrónico, Moodle e Teams. Poderanse facer tanto sesions colectivas como individuais 1.4. Modificacións na avaliación - O sistema de avaliación manterase *Observacións de avaliación: Aínda que se mantería o sistema de avaliación, modificarase o peso relativo de cada metodoloxía de xeito que pasaría a ser: 1) Proxecto de investigación (memoria de prácticas): 25%; Traballos tutelados ou ApS: 25%; Proba de resposta breve (exame): 40%; Seminario (10%) 1.5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non hai. 2. Nos casos de EXCESO DE AFORO da aula asignada para a materia: reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do espazo
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías