Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Ecoloxía II: Poboacions e comunidades | Código | 610G02040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 | Exercicios das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións) | 20 |
Proba obxectiva | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 | Exame escrito de toda a materia: Teoría, Seminarios e Prácticas (ver observacions) |
50 |
Proba de resposta múltiple | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 | Exames parciais desenvolvidos ao longo do curso. Non eliminan materia (ver observacións) | 30 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final proporcional á súa contribución na planificación horaria: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso: No caso da primeira oportunidade realizarase unha avaliación continua incluíndo entregables, probas parciais e exame final (en data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación: 60% Teoría (30% probas parciais + 30% exame final) 20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final) 20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final) No caso da segunda oportunidade realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación: 60% Teoría 20% Seminarios 20% Prácticas Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a materia é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a materia debe ser un 5.0. Aqueles estudantes que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente aos traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naquelas traballos e/ou probas nas que non se presentou. En caso de non entregar nin presentarse a ningunha das probas será considerado como non presentado. A asistencia a Seminarios e Prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada. Os entregables de Seminarios e Prácticas consistirán en exercicios das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas. Devanditos exercicios realizaranse seguindo as indicacións dadas polo profesor (formato, contidos, prazos, etc.) e a súa cualificación será susceptible de exame oral individual de ser necesario. Estes exercicios deben realizarse de maneira que recollan o traballo e interpretación de cada estudante. A obtención de Matricula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a execusión de todas as tarefas propostas no curso. Para os estudantes que poidan acollerse á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito para a segunda oportunidade. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente. Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telemáticamente e apoiados mediante titorías (presenciais o telemáticas). |