A materia atópase no primeiro ano do Grao, e o único precedente que posúe a maioría dos alumnos son coñecementos de Bioloxía cursada durante a Educación Secundaria.
A Bioloxía Celular inclúese no módulo de Formación Básica, por iso está encadrada no primeiro semestre do primeiro curso do Grao, para así facilitar aos alumnos coñecementos básicos e habilidades básicas necesarias para outras materias.
Na Bioloxía Celular estúdanse de modo integrado diferentes aspectos das células e non só o meramente estrutural.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non están previstas modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as metodoloxías docentes descritas nesta guía docente, pero adaptaranse á modalidade online.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A metodoloxía adaptarase á modalidade telemática, realizándose a través de Microsoft Teams. Ademais, todo o material que se utilizará, poñerase ao dispor dos alumnos na plataforma "Campus Virtual".
As prácticas de laboratorio adecuaranse ás circunstancias existentes e, de ser necesario, substituiranse por actividades non presenciais (visionado de vídeos metodolóxicos, estudo de imaxes de microscopía, casos prácticos, análises e interpretación de datos …).
As probas ou exames realizaranse a través da plataforma "Campus Virtual".
As dúbidas que se lles expoñan aos alumnos serán tratadas telemáticamente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada limitarase a medios telemáticos.
"Campus Virtual": sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado). Microsoft Teams: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Correo electrónico: sempre que se requira (a demanda do alumnado). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou outras aclaracións relativas á materia.
4. Modificacións na avaliación
Mantense o sistema de avaliación recollido na guía docente, aínda que as probas realizaranse telemáticamente a través de Campus Virtual.
*Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios de avaliación e as observacións recollidas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se prevén modificacións. De ser preciso, proporcionaranse medios complementarios.
6. OBSERVACIÓNS AO AFORO DAS AULAS E LABORATORIOS: no caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías