Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Bioquímica Estrutural | Código | 610G04019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os temas da materia serán impartidos polos profesores e todas as presentacións ou outra documentación poñerase a disposición dos alumnos na plataforma Moodle. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse unha serie de actividades no laboratorio de prácticas, co fin de que os alumnos aprendan a manexar instrumental científico básico en Bioquímica e Bioloxía Molecular. |
Solución de problemas | Na plataforma Moodle, os alumnos terán á súa disposición unha serie de cuestionarios, tests e problemas que terán que solucionar de forma individualizada e que será parte da avaliación continua do alumno. Previamente resolveranse algúns deles nas clases de problemas que servirán como guía o alumno. |
Proba mixta | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, e que pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de asociación, explicativa, ou de cálculo e resolución de problemas. |