O obxectivo desta materia é dobre. Por unha banda, trátase de que os alumnos coñezan as técnicas e procedementos estatísticos e econométricos especialmente adecuados para resolver problemas reais que se expoñen no ámbito da banca e as finanzas. En segundo lugar, que comprendan as propiedades estatísticas destas técnicas e procedementos para saber cando e como poden aplicalos..
Plan de continxencia
Nesta materia é importante o traballo na aula de informática, polo que será necesario recorrer con frecuencia a clases online, dado a dificultade de realizar estás prácticas nas aulas da facultade.
1. Modificacions nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, pero adaptando as que sexa necesario á docencia online, segundo se indica no seguinte parágrafo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral adaptarase á docencia non presencial, sustituindo as clases na aula por clases online impartidas mediante Teams,e gravadas para o seu acceso asíncrono.
3. Mecanismos de atención persoalizada ao alumnado
Para a atención persoalizada empregaranse Microsoft Teams (1 ou 2 veces por semana, en función das asignacións no calendario docente), Moodle e o correo electrónico (de forma asíncrona).
4. Modificacions na avaliación
Mantéñense as mesmas que aparecen na guia docente, pero realizarase a súa adaptación á avaliación online.
*Observacions de avaliación:
Na segunda oportunidade manteranse os mesmos criterios que se empregan para a 1ª oportunidade.
5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados, xa sexa en Moodle ou na web da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías