Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Principios de Microeconomía | Código | 611G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A5 A9 A12 B2 | Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas suscitadas nas sesións ineteractivas | 10 |
Estudo de casos | A6 A10 B3 C3 | Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos suscitados | 10 |
Proba mixta | C5 C7 | Valoraránse as respostas oferecidas polos alumnos ás cuestións suscitadas nunha proba obxectiva que poderá consistir en preguntas conceptuais, de razoamenteo, resolución de exercicios e/ou casos, etc. | 70 |
Discusión dirixida | A13 B9 | Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións ineteractivas | 10 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder ao aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamiento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 1. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10. 2. A avaliación continua realizada durante o curso constitúe o 30% da cualificación. Non obstante, se nas probas obxectivas obtivérase un mínimo de 5 sobre 10 non sería necesario realizar o exame final. 3. Nas probas oficiais darase a oportunidade de recuperar esta avaliación continua. Desta maneira, en calquera destas probas sería posible alzancar o 100% da cualificación. 4. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da nota alcanzada. 5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos. 2. Segunda oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos. 3. Convocatoria adiantada: realizarase un único exame que supoñerá o 100% da cualificación. Para aprobar deberase obter unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10. |