A materia non esixe requisitos previos. Nembargantes, considéranse
recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de
Historia Universal, familiaridade con conceptos básicos de Economía así como coñecementos do programa Word a nivel de usuario para a
realización dos traballos. Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca
universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a
realización do traballo do curso.
Así
mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a
internet estable en caso de que a situación sanitaria empeore e se ordene un
novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa
dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis
detalles na web da Facultade sobre o seu uso). |