Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Empresa: Dirección e Organización | Código | 611G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A3 A4 A8 A10 A12 B1 | Exame tipo test |
70 |
Traballos tutelados | A3 A5 A8 A9 A10 A12 A13 B5 B9 C1 | A partires da elección duhna empresa real realizarase unha análise de distintos aspectos relacionados co seu goberno corporativo e organización interna. O traballo, ademais de entregarse por escrito, presentarase oralmente na clase cara ao final do período do curso, segundo o calendario fixado polo profesor. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACION: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade será totalmente continua en base a unha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos que compoñen o resto da avaliación da asignatura (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación oral realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do exame. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, as notas da presentación oral serán tidas en conta. Ademáis, sempre e cando sexa posible, poderá recuperarse a realización das probas de presentación oral no caso de aqueles estudantes que non a realizasen. Para isto, o alumno dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade; de non ser posible por temas de datas, ou compromisos do profesor, a avaliación só se fará a partires da proba de resposta múltiple, mantendo a ponderación do 60%. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: |