Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Matemáticas II | Código | 611G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A1 A3 A4 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 | Haberá unha proba práctica de solución de problemas na data oficial, que suporá o 30% da cualificación final. Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos axeitados, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas. | 30 |
Proba mixta | A1 A3 A4 A13 B5 B7 B8 C4 C5 C6 C7 | Haberá dous boletíns de problemas a entregar en datas determinadas, e cada un deles supoñerá un 20% da cualificación final. Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razoamentos idóneos, o bo uso da linguaxe matemática e a destreza na formulación e resolución dos problemas. |
40 |
Proba de resposta múltiple | A3 A4 A7 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B8 C3 C4 C6 C7 C8 | Haberá unha proba de resposta múltiple (tipo test) que suporá un 30% da cualificación final. | 30 |
Observacións avaliación | |||
As condicións de evaluación da 1ª e a 2ª oportunidade son as mesmas e detállanse a continuación:
Na 2ª oportunidade poderanse recuperar tanto os boletíns de problemas como a proba tipo test, previa solicitude, en datas convenidas. De non solicitar repetir algunha destas probas, manteríase a cualificación obtida na 1ª oportunidade. De solicitar repetir algunha destas probas, a nova cualificación será a obtida na 2ª oportunidade. A cualificación de proba práctica obtida na 1ª oportunidade non se mantén para a 2ª. A revisión das probas de avaliación pode ter lugar a iniciativa do estudante ou de oficio polo profesor. De ser a iniciativa do profesor, de forma aleatoria ou por elección directa, a revisión consistirá nunha exposición e defensa das probas ou entregas realizadas. En ningún caso esta revisión consistirá nunha proba adicional de contidos ou competencias. No caso de que estudante non poda defender axeitadamente a realización das probas ou entregas, a cualificación final obtida sería de suspenso. Os mesmos criterios aplicaranse aos alumnos con dedicación parcial. Será cualificado con NON PRESENTADO o estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. Na 2ª oportunidade entenderáse que se cumple esta condición si o estudante non solicita repetir ningunha proba e non realiza a proba práctica. Convocatoria adiantada de decembro: A cualificación final do estudante que solicite a convocatoria adiantada de decembro será a obtida na proba obxectiva presencial valorada sobre 10 puntos. Condicións de realización das exames presenciais: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información nin empregar ningún software/aplicación que non teñan sido permitidos de forma expresa. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de dispositivos. Os alumnos deberán identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de avaliación. Plataforma virtual: Utilizaráse o Campus Virtual da UDC (http://campusvirtual.udc.gal). |