Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Historia Económica de España | Código | 611G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento | 0 |
Lecturas | A7 A10 A11 A13 C2 C5 | Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento |
0 |
Proba obxectiva | A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 | Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia. O exame final representa o 40% da avaliación final do estudante que se sumaría ao 60% da avaliación continua obtida polos/as estudantes. O exame final non é obrigatorio na primeira oportunidade para os/as estudantes que obtivesen unha nota mínima de 5 na avaliación continua, o que supón superar a materia. En segunda oportunidade garántese que o/a estudante poida superar a materia coa oportunidade de realizar unha práctica (similar ás do curso) por valor do 30% da nota. Deste xeito, sen avaliación previa, o/a estudante pode conseguir 7 puntos sobre 10 posible. Para detalles, véxase apartado de "proba de ensaio". En calquera dos escenarios descritos, o/a estudante terá que conseguir un mínimo de 5 puntos sobre os 10 para superar a materia. |
40 |
Sesión maxistral | A2 A4 A7 A8 C4 | Nestas sesións o profesor impartirá as pautas crave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. A avaliación desta materia producirase a través da proba obxectiva na convocatoria oficial e dos estudos de caso | 0 |
Proba de ensaio | A3 A6 A9 A12 C1 | Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao comezo do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. As datas publicaranse no calendario de moodle da materia. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán un máximo de 6 puntos na nota final de curso. O alumnado que superase a avaliación continua cunha nota mínima de 5 puntos poderá ter superada a materia sen asistir ao exame final. De forma voluntaria pode asistir ao exame final da primeira oportunidade para subir nota. No caso da segunda oportunidade, os/as estudantes poden decidir de forma voluntaria realizar unha práctica (similar ás realizadas durante o curso) que se puntuará cun máximo de 3 puntos. Neste caso, para o cómputo da nota final do alumno/a se elixirán a nota desta repetición de proba (sexa mais alta ou non que as obtidas nas probas de curso) e a nota mais alta das dúas prácticas realizadas ao longo do curso. Por tanto, a repetición da proba práctica (sexa cal sexa) sustituiría á nota mais baixa das duas practicas do curso. Recórdase que a terceira práctica posible realizaríase na data do exame oficial da segunda oportunidade, unha vez rematado o exame |
60 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. OUTRAS OBSERVACIÓNS Tal e como se describiu nos apartados anteriores, inicialmente a docencia está prevista de forma presencial. Con todo, previuse que tanto as probas de prácticas da avaliación continua como o exame final da convocatoria oficial poidan realizarse de manera presencial ou virtual dependendo das circunstancias da pandemia e das recomendacións da Universidade. En calquera dos casos, o contido da materia, a metodoloxía e a avaliación serán idénticos coa única condición de que as clases se pasarían á plataforma virtual TEAMS. |