Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Principios de Facenda Pública | Código | 611G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Traballos tutelados | Crearanse grupos de tres a cinco compoñentes para o desenvolvemento dun traballo proposto polo profesor. A finalidade dos traballos será promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor. |
Presentación oral | Os estudantes realizaran unha presentación do traballo tutelado realizado e/ou dos casos de estudio propostos polo profesor. Terá una duración máxima de 15 minutos por grupo. Posteriormente iniciarase un debate |
Obradoiro | O estudiante se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, individualmente ou por un grupo de persoas. O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un unha temática particular da materia proposta polo profesor, para chegar a unha decisión razoada, sexa individualmente ou a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo (3-5 estudiantes) |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de conceptos (formular cuestións en forma de pregunta directa sobre conceptos funamentais da materia), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |