Esta materia, fortemente relacionada coa teoría económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da Introdución á Econometría impartida no segundo curso, e céntrase, básicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos constitúen unha parte fundamental do temario.
Plan de continxencia
1. Modificacións de contido: Para reducir o temario ao seu contido mínimo, eliminarase o Tema 4: Multicolinealidade.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías de ensino que se manteñen: Manteranse todas as metodoloxías de ensino. Ademáis, a docencia e as titorías presenciais serán substituídas por clases e titorías en liña a través de Teams (ese ensino será rexistrado para facilitar a aprendizaxe) e subiranse á plataforma Moodle numerosos materiais, tanto en métodos teóricos como en termos de resolución de problemas.
3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes: Correo electrónico: diariamente; Titorías en Teams: regularmente e previa solicitude de cita en calquera momento.
4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios nas porcentaxes asignadas ás probas de avaliación, soamente cambiará a forma de realizalas que será a través de cuestionarios en Teams ou Forms e mediante probas orais. Non será necesario ter unha nota mínima na proba obxectiva para aprobar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías