Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Econometría II | Código | 611G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 | Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. | 30 |
Proba obxectiva | B5 B6 B7 B8 C6 | Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación 1.1 Normas para a realización das probas de avaliación presenciais Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. O profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío. 1.2 Normas para a realización das probas de avaliación controladas a través de Teams As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa se desconecta de Teams durante a realización da proba ou sae do campo de visión da cámara durante a súa realización, a proba considerarase non entregada. Cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba se considere non entregada. O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade. Salvo que se indique o contrario, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros y/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa. 2. Identificación do estudante O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. Para iso o profesorado poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo que a xuízo do profesorado sexa equivalente aos anteriores. 3. Procedemento de actuación ante a realización fraudulenta dunha actividade que computa na avaliación A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN 1. Cualificación de non presentado Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación presencial que o estudantado a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. Primeira oportunidade A avaliación da materia constará dun ou varios talleres e dunha proba obxectiva: os talleres terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba obxectiva (ou exame liberatorio que se realizará ao finalizar o temario) na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 nesta proba. Por tanto, para aprobar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba obxectiva e obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións dos talleres e da proba obxectiva. Os alumnos que non superen a materia deste xeito ou que, superándoa así o desexen, poderán repetir a proba obxectiva (sobre 7 puntos) na data aprobada pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da primeira oportunidade. Se unha persoa se presenta ás dúas oportunidades (ás dúas probas obxectivas) a cualificación que se utilizará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Dita cualificación sumarase ás cualificacións obtidas nos talleres realizados ao longo do curso. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos (unha vez sumadas as cualificacións dos talleres e da proba obxectiva) cun mínimo de 2.5 puntos na proba obxectiva. Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5. 2. Segunda oportunidade O exame de segunda oportunidade realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade. Nos talleres realizados durante o curso manterase a nota obtida na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. Por tanto, a cualificación da segunda oportunidade obterase sumando a nota dos talleres á da proba obxectiva (na que se deberá alcanzar a nota mínima de 2.5 puntos sobre 7). Para superar a materia a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5. 3. Convocatoria adiantada A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se celebrará na data e hora establecidas polo centro. Dita proba valorarase cun máximo de 10 puntos e terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba obxectiva. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto. |