Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Organización Industrial Europea | Código | 611G01033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A6 A9 A10 B2 B3 C1 | Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa acadada nas aulas e que resulta da realización dunha serie de estudos de casos ao longo do curso. Alternativamente, ou como actividades complementarias, esta avaliación continua poderá ser avaliada mediante a realización dun MOOC ou dun proxecto de aprendizaxe-servizo. |
60 |
Proba mixta | A2 A6 A12 B4 B10 | Exame final: Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os estudantes deben obter un mínimo de 2 puntos sobre 4. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación son os seguintes: A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula de exame con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o indique o equipo docente. 2. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) AVALIACIÓNS ESPECÍFICAS: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección. 2. Segunda oportunidade: mantéñense os criterios da primeira oportunidade e preservaranse as cualificacións acadadas na avaliación continua. Non obstante, ofrécese a posibilidade de recuperar a parte correspondente a "Case Studies". Alternativamente, previa solicitude, o estudante terá a oportunidade de realizar unha proba mixta na data do calendario oficial, equivalente ao 100% da cualificación final. 3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que representará o 100% da calificación final. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 1. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba mixta acade un mínimo do 50% da puntuación da proba. 2. A detección de fraude, xa sexa plaxio our calquera outra acción, suporá unha cualificación final de 0 puntos. |