Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Cultura xurídica europea | Código | 612447301 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O profesor exporá as ideas básicas e fundamentais de cada un dos puntos do programa, dando as instrucións e guiando a aprendizaxe autónoma do alumno. |
Actividades iniciais | O coordinador do módulo realizará unha presentación do mesmo indicando as competencias que se pretende que alcance o alumno, os resultados de aprendizaxe e os obxectivos esenciais do módulo. Así mesmo, exporá as metodoloxías que se empregarán e o sistema de avaliación. |
Presentación oral | Os alumnos realizarán presentacións orais froito de traballo previo e lecturas, sempre baixo a orientación e dirección do profesor. |
Aprendizaxe colaborativa | Trátase de que os alumnos, divididos en pequenos grupos, aprendan a traballar en equipo. Para iso, as tarefas a realizar serán diversas pero todas perseguirán que os estudantes reforcen competencias de organización, xestión, liderado e capacidade de traballar en grupo. |
Estudo de casos | O profesor presentará aos alumnos casos prácticos para resolver ou exporá unha aprendizaxe baseada en problemas. |
Análise de fontes documentais | Baixo a orientación do profesor os alumnos analizarán as fontes xurídicas máis relevantes do ordenamento xurídico comunitario |
Discusión dirixida | O profesor presentará un aspecto controvertido ou con varias vías de desenvolvemento e os alumnos defenderán algunha das posibles posturas, sinalando argumentos a favor da súa solución. Con iso perséguese, fundamentalmente, que o alumno consiga competencias que fortalezan a súa capacidade de argumentar e argüir xuridicamente. |
Proba obxectiva | Realizarase, ao finalizar o cuadrimestre, un exame. |
Traballos tutelados | O profesor encargará a elaboración de pequenos traballos sobre aspectos tratados nas sesións maxistrais e para o que facilitará a oportuna bibliografía aos alumnos a efectos de que complementen a súa formación con determinadas lecturas. En todo momento, o profesor guiará e orientará a tarefa que realice o alumno. |