Presentación oral |
B2 B3 B4 C1 C3 |
Avaliarase a expresión oral (forma) e o contido adecuado (fondo) das presentacións orais que, de ser o caso, efectúen os alumnos. |
10 |
Discusión dirixida |
B5 B1 B2 B3 B4 C1 |
Serán avaliables as intervencións levadas a cabo polos estudantes no marco de debates ou discusións sobre aspectos vinculados á materia. |
10 |
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 B4 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Valorarase a calidade do traballo realizado polo alumno seguindo as pautas previamente fixadas polo profesor. |
10 |
Para superar a materia será requisito necesario asistir, polo menos, ao 80 % da actividade docente presencial. A avaliación levará a cabo mediante a valoración da actividade presencial que realice o alumno (60%) e un exame que se realizará ao finalizar o cuadrimestre (40%). Dentro da idea dunha metodoloxía de créditos ECTS, o alumno deberá ser consciente de que a avaliación será continua, polo que se valorará a súa participación activa en todas as actividades que se realicen na aula (debates, exposicións orais, discusión de casos, etc. )polo que cobra gran importancia o seu traballo persoal.
|