Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Políticas e liberdades | Código | 612447305 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Durante a primeira hora de clase, o Coordinador da Materia realizará unha presentación da estrutura da guía docente e da materia obxecto de estudo, do cronograma da Materia, así como das metodoloxías que se empregarán e o sistema de avaliación. |
Estudo de casos | Algúns profesores entregarán aos alumnos casos prácticos sobre temas tratados durante as sesións maxistrais, que serán debatidos durante as clases. Para iso, os alumnos terán que acudir a distintas fontes xurídicas do Ordenamento xurídico da Unión Europea, e, así mesmo, aprender a traballar en equipo. |
Sesión maxistral | O profesor explicará aos alumnos os aspectos máis relevantes dos temas incluídos, e facilitando en todo momento o diálogo cos alumnos, e tratando de ofrecer unha visión o máis práctica posible. |
Proba obxectiva | Avaliación do alumno a través do exame da Parte Xeral, que terá lugar no mes de xaneiro. De todos os xeitos, na medida en que o profesor pida por escrito e devolva corrixidos os casos prácticos, tamén serán tidos en conta. A materia corresponderase cos contidos previamente traballados en clase. |
Aprendizaxe colaborativa | Os alumnos terán a oportunidade de coñecer o contido e a estrutura da maior parte das materias optativas que poderán escoller para estudar na Parte especial, mediante a presentación das materias optativas realizada polos Coordinadores das mesmas. |
Traballos tutelados | A posibilidade dos alumnos de escoller un tema estudado nesta Materia para elaborar o Traballo Fin de Máster, requisito imprescindible para a obtención do título oficial de Máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña. |