Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo fin de mestrado | Código | 612447308 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A1 A2 A3 B7 B5 B1 B2 B3 B4 B8 B6 C2 C3 C4 C6 C7 C8 | A defensa efectuarase, en sesión pública, ante unha Comisión única nomeada pola Coordinación do Máster. Esta Comisión de avaliación estará composta por tres profesores do Máster UE %ou2013preferentemente doutores- e entre eles, a Coordinación designará a un Presidente e a un Secretario, tendo en conta a maior categoría profesional e antigüidade. Así mesmo designarase unha Comisión suplente, coa finalidade de posibilitar que, en ningún caso, o Titor do TFM forme parte da Comisión que ha de valoralo. A exposición e defensa do TFM terá lugar na data fixada pola Coordinación do Máster, na Sala de Vistas da Facultade de Dereito. O alumno ou alumna realizará unha exposición, durante un máximo de 15-20 minutos, do obxecto de estudo e da metodoloxía utilizada para a elaboración do Traballo de Fin de Máster, así como das principais conclusións alcanzadas. A continuación, os membros da Comisión formularán as consideracións ou observacións que consideren oportunas, podendo o alumno, finalmente, responder ás mesmas. Excepcionalmente, o Titor do TFM poderá tomar a palabra por un breve espazo de tempo, sempre que concorran razóns obxectivas ou subxectivas que o xustifiquen. Os Traballos serán cualificados polo Tribunal no mesmo acto, outorgando a cualificación de 0 a 10 (SUSP, APR, NOT ou SOB). Para realizar esta valoración, a Comisión terá en conta que o TFM presentado terá unha ponderación do 70% e a exposición oral e defensa do mesmo do 30% no global da cualificación. Ao concluír a defensa do último do TFM a Comisión de cualificación fará públicas todas as cualificacións obtidas polos alumnos. As cualificacións serán publicadas no taboleiro de anuncios da aula núm. 17 (aula do Máster UE) e comunicadas, no seu caso, por correo electrónico ou por teléfono móbil %ou2013mediante un sms- aos interesados. |
100 |
Observacións avaliación | |||