Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais | Código | 612943303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A2 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B14 B15 B17 C3 C7 | Actividades de avaliación que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da data límite para a súa entrega. | 80 |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 A4 A5 B3 B16 | Rexistro da asistencia activa ás sesións presenciais. No caso de non haber docencia, a proba práctica computará o 100% da avaliación. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación continua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes: 1) A asistencia ás clases presenciais e realizar as actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais. O criterio de avaliación denominado "sesión maxistral" enténdese como rexistro da asistencia activa ás sesiones presenciais. 2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das materias na aula. 3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do mestrado, que serán avaliadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas. 4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Entre estas actividades, atópase a realización de seminarios que poderán realizarse fora do horario das clases presenciais. A asistencia será valorada positivamente. Poderá reservarse unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno. Calificación final: Para a superación da materia, os alumnos deben alcanzar a calificación de 5 ou superior. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cuando soamente participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada. Avaliación en primeira oportunidade Ao tratarse dun Mestrado semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda oportunidade. A mera asistencia a clase non será en ningún caso obxecto de avaliación, nin en primeira nin en segunda oportunidade. Avaliación en segunda oportunidade A avaliación en segunda oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias: - aos alumnos/as que non alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final - aos alumnos/as que suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os criterios de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases, nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final. |