Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Ilícitos Penais, Administrativos e Laborais | Código | 612943306 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos. Deste xeito, preténdese ofrecer unha visión da responsabilidade da empresa e o empresario, aínda que focalizada na comisión de actos ilícitos nos ámbitos da ordenación do territorio e o urbanismo, o medio ambiente e o sector inmobiliario, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas. | AP1 AP2 AP5 |
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP12 BP13 BP14 |
CP4 CP6 CP7 |