A materia 'Tradicións literarias e culturais' pretende levar a cabo un enfoque integrado dos feitos literarios e culturais desde as perspectivas diacrónica e comparada. O punto de partida é unha reflexión sobre os termos de tradición e legado, e as súas relacións cos conceptos de identidade cultural e canon. A continuación distinguiranse, por unha parte, os contidos e códigos formais que integran o patrimonio literario ou cultural herdado en cada momento, e, por outra, as canles mesmas de transmisión e as formas de recepción dese legado.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sesión maxistral: a exposición de contidos terá lugar mediante videconferencia (Teams) no horario oficial.
Traballos tutelados: a exposición e debate dos traballos tutelados terá lugar mediante videoconferencia (Teams) no horario oficial.
Aprendizaxe colaborativa: os debates previstos para as sesións presenciais terán lugar a través da plataforma Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diario: consulta de dúbidas, avisos para a organización
- Moddle: diario: repositorio de guions e materiais bibliográficos
- Teams: plataforma para a docencia e o debate telemáticos, que se efectuarán no horario oficial.
4. Modificacións na avaliación
Non hai
*Observacións de avaliación:
A presencialidade requerida para as -metodoloxías de Aprendizaxe colaborativa e Sesión maxistral será non física, senon telemática, a través de Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías