Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Discursos Críticos e Procesos de Canonización | Código | 613584123 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A14 B4 C2 C6 C8 | Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. | 60 |
Lecturas | A13 A5 A9 | Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. | 25 |
Seminario | A12 C7 | Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. | 15 |
Observacións avaliación | |||
As instrucións para o desenvolvemento das actividades propostas e os seus criterios específicos de avaliación serán oportunamente comunicados polo profesor responsábel a través do Moodle e expostos na sala de aulas. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. Para superar a materia será necesario obter como mínimo unha nota de 4 valores, sobre 10, no traballo tutelado. Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non presenten ningunha das actividades incluídas no sistema de avaliación. Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema previsto para a primeira oportunidade. Deberá realizar aquelas actividades non entregadas na primeira convocatoria, ou que non obtiveron como mínimo o 40% da nota máxima de cada actividade. A data de entrega das actividades será anunciada polo profesor con antecedencia suficiente. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica deberá contactar co profesor no inicio do cuadrimestre e terá o seguinte sistema de avaliación: traballo tutelado (60%) e lecturas (40%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á prevista para a primeira convocatoria. O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo ao profesor antes do inicio das aulas. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar co profesor antes do mes de novembro. |