Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Dixitalización e edición | Código | 613836043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 | Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas (45 % da cualificación final). 2. Preparación da edición dun texto mediante a recopilación da actividades realizadas nas sesións de obradoiro (15 % da cualificación final). | 60 |
Obradoiro | A10 B2 B3 B7 | Tarefas de edición, corrección e maquetación de textos. | 15 |
Sesión maxistral | B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 | Avaliarase a participación significativa nas sesións. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A10 B2 C6 | Posta en práctica dos contidos da materia mediante actividades realizadas con programas de edición de textos. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos. Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas na plataforma Moodle. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través de Moodle. A primeira parte do traballo tutelado presentarase o 15 de marzo e a segunda o 27 de abril. En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado. O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán mediante Moodle. Poderanse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe. |