Esta materia propón unha aproximación á literatura latina da Antigüidade (s. III a.C.-V d.C.) e á súa influencia na posteridade, con estudio de aspectos ideolóxicos e códigos formales dos xéneros. Os contidos e actividades previstas centraránse en figuras concretas ou en textos específicos representativos dun xénero.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas, Análise de fontes documentais Proba mixta e Sesión maxistral (en caso de continxencia, todas serán realizadas con emprego das TIC)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Nos apartados de Aprendizaxe colaborativa e Traballos tutelados estaba prevista na guía a utilización de tecnoloxías da información e comunicación. Na eventualidade de ensino a distancia a dinámica será similar á do ensino presencial, pero o tamaño dos grupos estará limitado a un máximo de cinco personas por sesión coa finalidade de estimular a participación activa da totalidade de membros do grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Na eventualidade de ensino a distancia a avaliación poderá consistir na preparación dun traballo con lectura reflexiva polo alumno dunha ou varias fontes do programa. Ó traballo serálle adxudicado o 100 % da nota final e deberá ser entregado no día da data oficial de exame. De consideralo oportuno, o profesor poderá comprobar o grado de dominio do tema plantexándolle ó alumno, por vía oral e en sesión que quedará gravada, cuestións pertinentes ó tema do traballo entregado.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías