Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega 1 | Código | 613G02002 | |||||||||||
Titulación |

Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||

Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 | No traballo tutelado, de carácter grupal, avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc. |
35 |
Presentación oral | A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 | Na presentación oral avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A4 A9 A11 A15 A21 A23 A25 B1 B4 B5 B6 B7 | Na proba mixta (teórico-práctica), de carácter escrito, testaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa na escrita). | 50 |
Observacións avaliación | |||

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a
materia, é preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e o TRABALLO TUTELADO (cun mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte).

1.2. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado no Campus Virtual).

1.3. O traballo tutelado entregarase na aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.4. Aplicarase unha penalización do 25 % sobre a cualificación final desta actividade se for entregada fóra de prazo sen causa xustificada.

1.5. Os / As alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

1.6. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As estudantes que suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50 % da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os / As estudantes que suspenderen o TRABALLO TUTELADO deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles encomendaren e que constituirán o 35 % da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará públicas, alén das cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así, igual que na 1.ª oportunidade, o / a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos sobre 10) todas as actividades que foren solicitadas.

2.3. Os / As estudantes que non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5 puntos sobre 10), que supón o 15 % da cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª oportunidade.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

3.1. En cada oportunidade de avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO/A (NP) se non realizar a proba escrita e, alén disto, se o número de actividades avaliábeis entregadas for inferior ao 50 %.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso e asistir ás titorías obrigatorias para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba mixta (50 %), presentación oral (15 %) e traballo tutelado (35 %).