Presentación oral |
Cada alumno/a deberá abordar de acordo coas instrucións do profesor e apresentar oralmente ao conxunto da turma un libro relacionado cos conteúdos da materia e escollido dunha listaxe de leituras fornecida polo docente no inicio das sesións. Os materiais utilizados na exposición oral (diapositivos, esquemas, fragmentos etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente. |
Sesión maxistral |
Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados |
Utilizando metodoloxías con base na “aprendizaxe colaborativa”, o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutorizado focado de preferencia para a pesquisa, a documentación, a síntese e, sobre todo, a apresentación de conteúdos sobre a literatura portuguesa do século XXI. O traballo será apresentado ao conxunto da turma e contará cunha parte expositiva e outra interactiva. Os materiais utilizados nesta actividade serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente. Tanto a composición da equipa como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións. |