Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Poscolonial | Código | 613G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 | Valoraranse actividades feitas na clase (individuais e en grupo, orais e escritas), que poden incluír, entre outras, respostas ás lecturas asignadas, resumos, análises, aportacións aos debates e discusións de clase. | 30 |
Proba de ensaio | A9 B1 B2 B3 B6 | Cada estudante redactará dous textos escritos (un a mediados do cuadrimestre, o outro cara o final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos. (As datas especificaranse ao principio do cuadrimestre). Na valoración destas probas valorarase en particular a capacidade do/a estudante para a comprensión crítica dos textos e conceptos vistos na clase así como a súa competencia lingüística en inglés. | 30 |
Proba mixta | A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 | O exame final poderá incluír preguntas breves (ex., identificación /análise de citas, definicións de termos clave, etc.), así como preguntas máis longas e complexas. | 40 |
Observacións avaliación | |||
• Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final. • A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións: 1) un exame escrito similar ao final de xuño (40%); 2) un ensaio crítico (30%); 3) preguntas escritas adicionais que substituirán a sección “Discusión dirixida” da primeira oportunidade (30%). • Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo. • O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. • Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de email adi@udc.es. |