Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba escrita que todo o alumnado deberá realizar nas datas oficiais fixadas pola facultade para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación da materia.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
45
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 O alumnado deberá realizar unha proba oral ao final do cuadrimestre para amosar as súas competencias comunicativas en lingua francesa.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades de avaliación continua (expresión, comprensión e interacción oral) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
15
 
Observacións avaliación
O alumnado ten dúas oportunidades para superar a
materia: a primeira ao remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes
de xullo.

1. Avaliación da primeira oportunidade:

1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final na que se avaliarán a expresión e a interacción oral.
A
profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora,
lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba
oral.

1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques:
Bloque A
["Solución de problemas"]: actividades de práctica dos contidos
gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]: actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral.
Ademáis
das actividades presenciais que se realicen durante as aulas,
normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha
tarefa non presencial.
Agás causa debidamente
xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non
se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para
cada unha delas.
Para que estas actividades
poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado
e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade, o
80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media
mínima de 5 sobre 10 en cada bloque.

1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes:
Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%
b. Un 15% valorará a proba oral.

c. Un 40% valorará as actividades
de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir
os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:
Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B:
actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas
actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%
A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os
contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas
mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación. Os apartados
aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

2. Avaliación da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
A
data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral
da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente
antelación.

2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.
A
profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as
instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de solicitude e
entrega...).
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas
distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita (nota mínima 5
sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre 10;
30% da nota final).
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP
de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de
actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1.3. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal.
A
realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das
actividades de avaliación continua implicará automaticamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,
invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías
avaliables.

7.
Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.